Thursday 09 de May de 2024

Resultados do Club Acuático Laracha no IV Campionato de España Infantil e Cadete de Primaveira


Os deportistas do Club Acuático Laracha remataron a súa participación no IV Campionato de España Infantil e Cadete onde conseguiron 3 Récords Galegos, dous indivuduais de Pedro Caamaño no 50 m remolque de manequín e no 100 m remolque de manequín con aletas, e o terceiro récord no 4×50 relevo mixto logrado polo equipo Cadete (J. Martín, Iria, Pedro e Shaila) o que lles permitiu clasificarse entre os dez mellores de España.

A nivel individual debemos destacar os deportistas Juan Martín Rodríguez e Pedro Caamaño conseguiron colocarse no Top Ten do salvamento español en todas as probas nas que participaron. Pedro Caamaño acadou o 5º posto no 100 m remolque manequín con aletas e o 6º posto no 50 m remolque de manequín. J. Martín Rodríguez clasificouse no 4º posto na proba 100 m remolque manequín con aletas, 6º posto no 200m supersocorrista e 10º posto no 50 m remolque de manequín.

Todos volven con moi boas sensacións da experiencia vivida este sábado e domingo na Piscina Municipal de Bétera e pensando xa en preparar a primeira Xornada de Praia que terá lugar a próxima fin de semana, 29 e 30 de Abril, na Praia de Balarés e o Open Internacional e Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto que terá lugar do 5 ao 7 de maio en Castellón.